Evento: Rosalía en Fonseca. O xardín da revolución

Rosalía en Fonseca. O xardín da revolución
mércores, 9 abril, 2025 a venres, 30 maio, 2025
Rúa do Franco,
Santiago de Compostela

Rosalía en Fonseca. O xardín da revolución

Ao abeiro da recén estreada Cátedra Rosalía de Castro, baixo o auspicio do Museo de Historia Natural da USC, e grazas ao financiamento dunha bolsa Leonardo da Fundación BBVA, semella chegada a hora dunha restit...

Rosalía de Castro nace no mesmo ano no que, por vez primeira, unha muller consegue entrar na Biblioteca Nacional. Non se sabe se a escritora galega repetiu esa xesta durante os seus anos madrileños, mais o certo é que nunca puido cursar estudos universitarios. Con todo, hoxe en día coñécese que a nai da autora, dona Teresa Castro Abadía, se preocupou, de xeito moi consciente, pola súa educación. Na adolescencia, Rosalía beneficiouse da instrución musical, dramática, literaria e pictórica recibida como froito da súa vinculación aos círculos progresistas do Liceo de la Juventud e desde o seu nacemento (ao parecer, asistido polo catedrático Varela de Montes) ata o matrimonio co Murguía, con certeza a escritora participou das ideas xeradas desde a Universidade, incluídas as científicas e, máis especificamente, as botánicas. Porén, o certo é que Rosalía nunca entrou en Fonseca, e a xulgar por un fragmento da súa novela Ruinas (1866), a súa visión da Universidade compostelá non era, naqueles anos, favorable. Con estes antecedentes, ao abeiro da recén estreada Cátedra Rosalía de Castro, baixo o auspicio do Museo de Historia Natural da USC, e grazas ao financiamento dunha bolsa Leonardo da Fundación BBVA, semella chegada a hora dunha restitución que permita o ingreso simbólico, con honores, da autora Rosalía de Castro na Universidade de Santiago de Compostela.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n
Concha Jerez e José Iges. Resignificaciones
14 de febreiro a 1 de xuño
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5