Evento: Arqueoloxía en Monodose

Arqueoloxía en Monodose
luns, 14 abril, 2025 - 19:30
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,
Ourense

Arqueoloxía en Monodose

Sima del elefante (Atapuerca)

Nesta ocasión, dentro do ciclo "Arqueoloxía en monodose", que organiza o Museo, Xosé Pedro Rodríguez Álvarez e Arturo de Lombera Hermida serán quen presenten "Sima del elefante (Atapuerca) e o primeiro poboamento de Europa".  Os xacementos de Atapuerca están a contribuír ao coñecemento do poboamento europeo, así como á historia da especie humana. É o caso da Sima del Elefante, onde se recuperou o fósil dun novo ser humano que habitou o continente europeo hai uns 1,4 millóns de anos.

Xose Pedro Rodríguez Álvarez é doutor en Historia pola URV, investigador desta Universidade e do IPHES; membro do Equipo de Investigación Atapuerca dende 1989, e corresponsable do xacemento da Sima del Elefante. En Galicia codirixe as escavacións de Cova Eirós.

Arturo de Lombera Hermida é doutor en Historia pola USC; entre as súas liñas de traballo está o poboamento do NW ibérico e a súa relación co resto da península ibérica, nomeadamente cos xacementos da Serra de Atapuerca. É profesor axudante doutor da UNIOVI. En Galicia codirixe as escavacións de Cova Eirós.

As conferencias terán lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso, 30. Ourense

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
20 de xuño
Centro de Interpretación da Lagoa de Antela
Curso de verano USC_Relatos_da_morte
Relatos da morte no pasado: ósos, pedras, barro e tinta
26 de xuño a 27 de xuño
Museo A Domus do Mitreo
Toponimízate 2025
27 de xuño
Centro de Saúde