Evento: Arqueoloxía en Monodose

Arqueoloxía en Monodose
luns, 21 abril, 2025 - 19:30
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,
Ourense

Arqueoloxía en Monodose

A neveira de Pardeconde

Nesta ocasión, dentro do ciclo "Arqueoloxía en monodose", que organiza o Museo, María Martín Seijo e Luis Cordeiro Maañón serán quen presenten "A neveira de Pardeconde (Xunqueira de Espadanedo) e a conservación dos bens de madeira".

Durante a intervención arqueolóxica na Casa da Neve de Campo Eirado, unha estrutura para conservar a neve durante os meses cálidos, localizáronse dúas pezas de madeira, preservadas por saturación de auga nos niveis de abandono. Este é un exemplo de que en determinadas condicións, nas neveiras, pozos ou  latrinas, pódense conservar este tipo de materiais, o que permite coñecer aspectos do traballo da madeira en época moderna, do que non hai moitas evidencias, así como aproximarnos ao traballo na neveira a través das ferramentas utilizadas nela.

María Martín Seijo é doutora en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade pola USC. É científica titular del INCIPIT-CSIC.

Luis Cordeiro Maañón ten participado no estudo dos recintos circulares da Idade do Bronce en Galicia no marco do grupo de investigación Ecopast da USC; dende o ano 2003 ata o presente participou en intervencións arqueolóxicas de diversa índole. Na actualidade desenvolve a actividade profesional na empresa "Citania Arqueoloxía S.L.", coa cal se realizou esta intervención.

As conferencias terán lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso, 30. Ourense

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal