Evento: O grande incendio

O grande incendio
venres, 20 xuño, 2025 - 21:00
Teatro Principal,
Ourense
Espectáculo teatral a cargo de Sarabela Teatro

O grande incendio é unha fábula sobre dúas vilas situadas no val xunto a un regato e separadas por unha ponte. Por un lado do regato medran as vides e polo outro pacen bois, vacas, cabalos e ovellas.

De súpeto suceden diferentes acontecementos naturais que afectean só a un deses pobos, mentres que o outro entra un periodo de prosperidade económica . Mesturase o real coa fantasía. Apálpase a desigualdade entre ricos e pobres.

Os feitos sorprendentes, comezan coa morte inexplicable dun merlo. Unha terrible seca á que segue unha enchente acaba transformando o regato en río e destrúe boa parte dunha destas vilas. Entre as desgrazas tamén se inclúe unha estraña febre contaxiosa que azouta esta mesma vila e que se cobra numerosas vítimas mortais. Xorden diferentes reaccións e inquietudes diante das catástrofes medioambientais. A distancia física e emocional segue crecendo ao longo da obra, sendo a historia dunha parella de namorados o maior contrapeso a esta separación e á perda de lazos comunitarios. Por desgraza, nin o amor pode con tanto. A disolución da unidade acaba sendo total. Cando se produce un enorme incendio na vila afectada e destrúe todo, os superviventes suben a un barco e tentan chegar ao outro lado, pero agora o regato xa é ancho coma un océano.

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Chafallas, a vendedora de fume
7 de xuño, 18:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra
La maestra
8 de xuño, 12:30
Teatro Jofre - Ferrol - A Coruña
IN-CERTO
8 de xuño, 19:00
Casa da Cultura Pintor Lloréns - Sada - A Coruña
Pedro e o lobo
14 de xuño, 18:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra