Evento: Umbracle

  • Umbracle
Umbracle
venres, 14 febreiro, 2025 - 18:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Umbracle

vampiro, documental, política

Do mesmo xeito que Vampir-Cuadecuc, esta película articúlase sobre dous eixes fundamentais: a indagación sobre os modos de representación cinematográficos e a imaxe crítica da España oficial, a do franquismo. Montaxe de atraccións e brechtianismo en doses fortes. Umbracle componse de fragmentos (algúns de arquivo) que ecoan, máis que progresan, por encadeamentos insólitos, con escenas de dejá vu que sempre prometen algo máis, pero permanecen tensamente inacabadas. Jonathan Rosenbaum dixo: “Poucos directores despois de Resnais xogaron de forma tan desapiadada coas expectativas narrativas inconscientes para nos amolar”. Aprendendo do estrañamento que Rossellini provocaba ao lanzar actores coñecidos en escenarios salvaxes do sur de Europa, Portabella fai deambular a Christopher Lee por unha Barcelona de ilusión. Con toda seguridade, o filme estruturalmente máis complexo e o máis fondamente político de Portabella, dotado dunha poesía feroz.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Marcello, una vita dolce
20 de maio
Filmoteca de Galicia
El tiroteo
20 de maio
Filmoteca de Galicia
La novia del pirata
21 de maio
Filmoteca de Galicia
La senda de la esperanza
21 de maio
Filmoteca de Galicia