Evento: Pitiminí: Concerto para bebés

Pitiminí: Concerto para bebés
sábado, 29 marzo, 2025 - 12:00
Sala de Obradoiros do Pazo da Cultura,
Pontevedra

Pitiminí: Concerto para bebés

Espectáculo sensorial para os máis cativos

Pitiminí: Concerto Para Bebés é un espectáculo sensorial deseñado especialmente para os máis pequenos e para ás súas familias. Unha viaxe musical con melodías e sons que estimulan a curiosidade dos bebés nun ambiente seguro e acolledor. Davide González e Iria Pinheiro continúan creando teatro familiar despois da súa traxectoria conxunta en diferentes compañías. A súa bagaxe profesional en varias disciplinas ao redor das artes escénicas fai de Pitiminí un completo menú artístico que fomentará nas crianzas o desenvolvemento emocional e cognitivo a través da danza, da música, do teatro de obxectos e da poesía.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Mulleres que viven soas
16 de maio, 20:30
Casa da cultura de Bertamiráns - Ames - A Coruña
Cortello de Amor
16 de maio, 20:30
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
Tromsø
16 de maio, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Cancións amarelas, flores tristes
16 de maio, 20:30
Teatro Jofre - Ferrol - A Coruña