Evento: Paxariños

Paxariños
sábado, 24 maio, 2025 - 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Paxariños

Por Trinketrinke teatro

Os ratos de Lonxedetodo teñen un xardín, turelí. No xardín hai un niño, tureló. No niño hai un ovo, turelí. Esperan que dese ovo enorme que nos amosan naza un paxariño. E fan tódolos preparativos necesarios para recibilo da mellor maneira posible. O conto de Turelí Tureló desenvólvese en nove capítulos ou escenas. O seu texto lembra as cantarelas dos xogos infantís. É un conto poético moi sinxelo e apropiado para nenas e nenos de tres anos.

Salón de actos.

Publico familiar a partir de 4 anos.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Contamaxias: maxia divertida
31 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Club de lecturas dramatizadas
31 de marzo a 9 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola