Evento: Gloria Nacional
Gloria Nacional
Uxío Rodas, escultor e pintor, é considerado polos seus contemporáneos unha auténtica «gloria nacional». As súas esculturas están nos mellores museos internacionais. Agora está no seu estudio, apartado da civilización, tentando concentrarse no seu traballo máis importante.
O goberno do seu país, a través do seu presidente, vello camarada de Uxío, encárgalle unha escultura monumental que se colocará na praza principal da capital. Unha escultura que represente e simbolice a nación. A Uxío cústalle encarar o seu traballo, está en crise creativa, e nesas recibe a visita, primeiro da súa representante e marchante nos mercados internacionais e despois a da propia ministra de Cultura do seu país. O actual debate, arte, cultura, mercados e política está servido.
Dirección e deseño de iluminación: Eduardo AlonsoElenco: Luma Gómez, Miguel Pernas e Manuela Varela Selección musical: Brais Morán Vídeos: César Seijas Axudante de dirección: Imma António Produción: Eva Alonso
Idade recomendada:> 16 anosDuración: 90 minLingua: galegoPosfunción ao remate do paseFoco Teatro do NoroesteFoco Memoria en escena