Evento: Frío

Frío
domingo, 16 marzo, 2025 - 19:00
Auditorio Municipal Gustavo Freire,
Lugo
Espectáculo de teatro a cargo de A Feroz

Quen sabe exactamente que é o que vai facer cada día durante o resto da súa vida non alberga grandes temores nin demasiadas esperanzas. Akaki podería xurar que o seu porvir está escrito con tinta esluída en liñas nidias e rectas, confía nos trazos seguros e firmes da rutina que o protexe dos grandes males e das alegrías inesperadas. Ata que un insignificante suceso doméstico introduce unha luz brillante no clarescuro: nace a necesidade e, como expresión máis elaborada da mesma, o desexo.

Frío é un espectáculo de teatro físico, máscaras e música en directo baseado liberrimamente na extraordinaria obra de Nikolái Gógol, O abrigo.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Os contos do Lobicán
25 de xaneiro, 18:00
Auditorio Manuel María - O Carballiño - Ourense
Compaña
25 de xaneiro, 18:00
Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil - Muros - A Coruña
Banzo
25 de xaneiro, 20:00
Pazo da Cultura - Narón - A Coruña
As damas de Ferrol
25 de xaneiro, 20:00
Auditorio Municipal - Cedeira - A Coruña