Evento: Xoán Curiel
Xoán Curiel
Xoán Curiel
Actuación do polifacético artista galego
Na súa traxectoria artística destaca a súa versatilidade, participando coma actor, músico, director, cantante ou bailarín en diversos proxectos vinculados á música, o teatro, o teatro infantil e a danza. No 2014, presenta o seu terceiro disco: Estamos no Verán!; neste caso trátase dunha novela-disco infantil, editado pola editorial Galaxia que ten como autora da novela a Charo Pita. En 2016 presenta un EP, Ecuacións, un traballo totalmente distinto e gravado cun sistema analóxico.
Xoán Curiel fai pop galego con influencias de world music. As súas cancións agochan sorpresas agradables: instrumentacións cálidas, arranxos atrevidos, influencias da música étnica e letras conectadas co presente.
Ligazóns
Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo

8 de agosto, 22:30
Arca da Noe - Vilar de Santos - Ourense