Evento: A Cerámica Castrexa en Galicia. Investigación e Recuperación.

  • A Cerámica Castrexa en Galicia
A Cerámica Castrexa en Galicia. Investigación e Recuperación.
xoves, 17 outubro, 2024 a domingo, 17 novembro, 2024
Museo Municipal de Vigo Quiñones de León,
Vigo

A Cerámica Castrexa en Galicia. Investigación e Recuperación.

Esta exposición é o resultado do proxecto de Investigación e Recuperación da Cerámica Castrexa en Galicia realizado pola Fundación Terra Termarum que ten como obxectivo a elaboración dunha colección de réplicas cerámicas castrexas completamente documentadas a nivel formal, mantendo unhas referencias históricas e arqueolóxicas en canto a acabados, texturas e formas e tratando de caracterizar con elas o conxunto tipolóxico documentado dos castros galegos de referencia. Seleccionáronse aquelas pezas mellor conservadas das que se coñece a forma completa e das que se ten máis información, incluíndo desde as pezas máis comúns ata as máis decoradas, nunha mostra de xacementos castrexos que definan os parámetros temporais e territoriais do mundo da Idade do Ferro en Galicia.

Lugar: Museo Quiñones de León. Vigo

Datas: 17 de outubro / 17 de novembro 

Horario: 

Martes a venres: de 10:00 a 14:00 h

Sábados: de 17:00 a 20:00 h

Domingos e festivos: de 11:00 a 14:00 h

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego
31 de outubro a 18 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n