Evento: Xaquín Marín, humor líquido galego

Xaquín Marín, humor líquido galego
venres, 18 outubro, 2024 a luns, 6 xaneiro, 2025
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Xaquín Marín, humor líquido galego

A exposición /Xaquín Marín, humor líquido galego/ chega ao Auditorio de Galicia para amosar unha coidada selección de pezas que abranguen os máis de sesenta anos de profesión do humorista gráfico, pintor, mural...

A exposición Xaquín Marín, humor líquido galego chega ao Auditorio de Galicia para amosar unha coidada selección de pezas que abranguen os máis de sesenta anos de profesión do humorista gráfico, pintor, muralista, caricaturista e artista nado en Fene en 1943.
Comisariada por Xandre Marín, esta mostra na que a federación de asociacións Galiza Cultura —conformada por máis dunha trintena de colectivos culturais—, vén traballando desde 2022, escolma unhas 150 viñetas, debuxos e cadros e traza un percorrido profesional e vital que nos traslada directamente á historia colectiva recente do país amosando o compromiso inequívoco do creador co pobo galego ao longo destas décadas.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia