Evento: Día do Libro - Visita guiada a editorial Bibliófilos Gallegos

Día do Libro - Visita guiada a editorial Bibliófilos Gallegos
xoves, 23 abril, 2015 - 11:00
Biblioteca e Arquivo de Galicia,
Santiago de Compostela

Día do Libro - Visita guiada a editorial Bibliófilos Gallegos

Percorrido por esta exposición homenaxe a este proxecto cultural nado oficialmente en 1949 coa finalidade de difundir o libro galego

Co gallo do Día Internacional do Libro o 23 de abril celébrase na Biblioteca e Arquivo de Galicia unha visita guiada a esta exposición, aberta desde o pasado 17 de abril.

A importancia deste proxecto cultural en Galicia radica, ademais de no seu constante e importante labor de recuperación de clásicos e publicación de novos textos, no papel que desenvolve na difícil época da posguerra, na recuperación do labor editorial e cultural de acento galeguista.

A exposición amosa varios exemplos das diferentes coleccións desta editorial como Biblioteca de Galicia, Colección Obradoiro ou Bibliófilos Gallegos, ademais da denominada Enciclopedia Galega.

Bibliófilos Gallegos fundárona no ano 1949, en Santiago de Compostela, un grupo de persoas ligadas dalgunha maneira ao Seminario de Estudios Gallegos, entre eles Sánchez Cantón (que foi o primeiro presidente), Marcelino Blanco de la Peña (vicepresidente) ou Xosé Filgueira Valverde. Importantes figuras participarán tamén no proxecto como Valentín Paz Andrade, Isidro Parga Pondal, Cruz Gallástegui, Ramón Baltar, Ricardo Bescansa ou Francisco Fernández del Riego.

 

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia