Evento: María Faltri. Picadiscos
María Faltri. Picadiscos
María Faltri. Picadiscos
Un espectáculo do FalaRedes cunha vocalista de longa traxectoria na música infantil galega.
María Faltri, tamén vocalista da Banda das Apertas de Magín Blanco, chega agora cun espectáculo orixinal e sorprendente: unha picadiscos de música infantil. Durante o seu espectáculo María brindaralle aos cativos e cativas unha escolla da mellor música infantil galega para que non deixen de xogar e bailar. Tamén para que aprendan as cancións da man dos libros da súa pequena biblioteca ambulante.
Máis eventos do ciclo FalaRedes

16 de maio, 18:00
Auditorio Municipal - Sanxenxo - Pontevedra

16 de maio, 21:00
Casa da Cultura - Porto do Son - A Coruña

17 de maio, 13:00
Praza Maior (en caso de chuvia na Casa da Cultura) - Xinzo de Limia - Ourense

17 de maio, 18:00
Casa da Cultura - Verín - Ourense