Evento: Castelao, un corazón á intemperie

Castelao, un corazón á intemperie
venres, 16 maio, 2025 - 18:00
Auditorio Municipal,
Sanxenxo

Castelao, un corazón á intemperie

Peza de teatro de Fantoches Baj

No ano Castelao, a Rede de Dinamización Lingüística contará con diversas actividades orientadas a celebrar a figura do escritor, artista e político de Rianxo.

Velaquí a primeira, que nos chega da man da compañía Fantoches Baj. Trátase dunha peza de teatro dirixida a nenos e nenas a partir dos 6 anos e mais ás súas familias. Nela veremos a Varela Buxán -dramaturgo e director de escena que no seu día dirixiu a estrea d’Os vellos non deben de namorarse- renderlle a súa particular homenaxe a Castelao. Nun pequeno escenario, vai narrar as vicisitudes da súa vida e vai representar algúns dos seus fitos literarios apoiándose en diferentes técnicas escénicas. Deste xeito “O pai de Migueliño” contarao con viñetas a modo do Kamishibai, “Peito de Lobo” representarao usando un cabezudo, para o primeiro cadro do segundo lance d’ Os vellos non deben de namorarse empregará monicreques e para o monologo d’ Un ollo de vidro valerase da técnica do teatro de máscaras.

Máis eventos do ciclo FalaRedes

Costureiriña bonita, de Cris Collazo
7 de setembro, 12:30
Praza do Concello - Mondoñedo - Lugo
O rianxeiro
19 de setembro, 12:45
Auditorio de Torroso - Mos - Pontevedra
O rianxeiro
21 de setembro, 19:00
Valadares - Vigo - Pontevedra
O rianxeiro
23 de setembro, 18:00
Praza da Igrexa - Lalín - Pontevedra