Evento: Festival Acento
Festival Acento
A Fundación SGAE, a iniciativa do Consello Territorial SGAE Galicia, presenta a quinta edición do festival Acento. A creación musical en Galicia vive un momento de auxe xeneralizado nos diversos estilos, e esta programación trata de ofrecer unha representación da escena actual. Acento integra o novo pop de Carlos Ares, a retranca de De Vacas e dos valores do Laboratorio de Creación Musical de Fundación SGAE Galicia: Carolina Rubirosa e Gargantúa. Pechará a festa Abraham Boba, líder de León Benavente, ofrecendo unha sesión como DJ.
O evento, que conmemora o Día Internacional da Música, celebraráse na terraza da SGAE en Santiago de Compostela (Parque Vista Alegre) o venres 21 de xuño a partires das 19:00 horas. Trátase dun evento de acceso público e gratuito que conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias.
Máis eventos de tipo Concerto