Evento: Peor imposible

Peor imposible
domingo, 23 marzo, 2025 - 18:00
Auditorio Manuel María,
O Carballiño
Espectáculo de Novo circo a cargo de Peter Punk Pallaso

Espectáculo de Peter Punk. Un traballo unipersoal deste recoñecido pallaso galego, no que mantén a súa esencia e o humor irreverente co que se deu a coñecer. E onde da mostra da súa veterania e madurez, tras máis dunha década de traxectoria profesional.  

Peter Punk non contaba con que as cousas sempre poden ir a peor. Na súa nova aventura, non lle queda outra que afrontar o seu fracaso. Pero está disposto a todo pola risa do público.

Unha catedral de nove paraugas en equilibrio, o salto ao baleiro dun voluntario a cegas, o perigoso Circuito da Morte, e un evocador final que sorprenderá @s máis cativ@s e fará reflexionar ao público adulto.

Nesta ocasión veremos a un pallaso optimista, equilibrado e olímpico, que buscará a complicidade do público para superar as dificultades que atopará en cada rutina, como unha metáfora dos tempos que vivimos.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

A invasión pirata
31 de decembro, 17:00
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra