Evento: 'Isaura e Tristán. Contahistorias', de Fantoches Baj

'Isaura e Tristán. Contahistorias', de Fantoches Baj
sábado, 4 maio, 2024 - 12:00
Salón García,
Vilagarcía de Arousa

'Isaura e Tristán. Contahistorias', de Fantoches Baj

Teatro de monicreques para público familiar a partir do libro 'As chaves do tempo' de Luísa Villalta

Fantoches Baj presenta unha enxeñosa peza teatral de monicreques para público familiar a partir do libro de Luísa Villalta As chaves do tempo. Unha novela de ficción histórica que se corresponde co último libro da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas deste 2024.

Baixo a máscara dunha compañía italiana de Contastorias ocúltanse Don Pedro, herdeiro da coroa do reino de Galiza, e María das Augas Doces, señora do castelo de Montemaio. Na súa viaxe na procura do mago Merlín arrastran unha carreta con todo o que precisan para contar historias: unha silueta de cabalo, unhas marionetas, un teatriño a modo de pupi siciliano e un Kamishibai ilustrado. Con todo isto contaranlle ao público a crónica do reino de Galiza e a súa relación coa coroa de Castela. Finalmente preguntarán ao público pola porta do labirinto que os levará ao encontro co mago Merlín, única persoa capaz de conseguir que Don Pedro recupere a coroa do reino de Galicia, e seguirán o seu camiño.

Outras datas

Máis eventos do ciclo FalaRedes

'Made in Galiza' de Séchu Sende
19 de maio, 19:00
Auditorio Centro Social do Mar - Bueu - Pontevedra
Orgullo da nosa lingua
13 de maio a 19 de maio
Paseo da Calzada - Cambados - Pontevedra
Orgullo da nosa lingua
20 de maio a 26 de maio
Praza de España - Ribadeo - Lugo
Orgullo da nosa lingua
27 de maio a 2 de xuño
Praza dos Irmáns García Naveira - Betanzos - A Coruña