Evento: 'Isaura e Tristán. Contahistorias', de Fantoches Baj

'Isaura e Tristán. Contahistorias', de Fantoches Baj
sábado, 25 maio, 2024 - 18:00
Praza da Igualdade,
San Xoán de Río

'Isaura e Tristán. Contahistorias', de Fantoches Baj

Teatro de monicreques para público familiar a partir do libro 'As chaves do tempo' de Luísa Villalta

Fantoches Baj presenta unha enxeñosa peza teatral de monicreques para público familiar a partir do libro de Luísa Villalta As chaves do tempo. Unha novela de ficción histórica que se corresponde co último libro da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas deste 2024.

Baixo a máscara dunha compañía italiana de Contastorias ocúltanse Don Pedro, herdeiro da coroa do reino de Galiza, e María das Augas Doces, señora do castelo de Montemaio. Na súa viaxe na procura do mago Merlín arrastran unha carreta con todo o que precisan para contar historias: unha silueta de cabalo, unhas marionetas, un teatriño a modo de pupi siciliano e un Kamishibai ilustrado. Con todo isto contaranlle ao público a crónica do reino de Galiza e a súa relación coa coroa de Castela. Finalmente preguntarán ao público pola porta do labirinto que os levará ao encontro co mago Merlín, única persoa capaz de conseguir que Don Pedro recupere a coroa do reino de Galicia, e seguirán o seu camiño.

Máis eventos do ciclo FalaRedes

As mil e unha
23 de maio, 12:30
Praza do Concello - Lalín - Pontevedra
Repunantas
23 de maio, 18:00
Museo do Mar de Vigo - Vigo - Pontevedra
As sete boinas do aviador
23 de maio, 18:00
Salón García - Vilagarcía de Arousa - Pontevedra
Santalices. O legado
23 de maio, 19:00
Edificio Multiúsos - San Cristovo de Cea - Ourense