Evento: Lecturas que danzan. Danza e filosofía

Lecturas que danzan. Danza e filosofía
mércores, 13 marzo, 2024 - 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Lecturas que danzan. Danza e filosofía

Con Branca Novoneyra e Isabel Cuesta

Porque cada ano desaparecen espectadores das programacións de artes escénicas, Branca Novoneyra e Isabel Cuesta decidiron organizar este ciclo de lecturas na biblioteca para divulgar a arte do movemento entre persoas interesadas na lectura e na danza.

Isabel Cuesta é coreógrafa e xornalista. O seu libro El cuerpo que compone gañou o Premio de Investigación en Danza de la Secretaría de Cultura de Bogotá (Colombia). 

Branca Novoneyra é autora do primeiro libro escrito en lingua galega sobre a danza contemporánea Unha introdución á danza contemporánea. A nova danza galega (2012). Como coreógrafa relacionou poesía e danza e no eido da educación artística mantivo o Laboratorio de Movementos, un estudio dedicado á pedagoxía da danza en Santiago de Compostela no que impartiu aulas xunto a Bárbara Monteagudo, Mónica García ou Kirenia Martínez, entre outras bailarinas e pedagogas. 

Durante catro sesións empregarán documentos textuais e visuais para convocar a presenza da danza na biblioteca. Lerán textos escollidos que relacionan a arte viva conectada con diferentes manifestacións de diversos eidos como son o activismo, a saúde, a filosofía e a espiritualidade. 

Nesta terceira sesión, Danza e filosofía, abordaremos o tema do corpo desde a proposta que fai o filósofo francés Henri Bergson na súa obra Materia e Memoria. Xunto con fragmentos deste texto faremos unha lectura de poemas de May Swenson.

O corpo é o medio de expresión da danza e nesta sesión iniciarémonos na observación filosófica do corpo.

No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala. 
 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello