Evento: Xisco Feijoó Trío

Xisco Feijoó Trío
venres, 14 xuño, 2024 - 21:00
Praza do Curro,
Noia
Concerto de música tradicional a cargo de Xisco Feijoó

O grupo está liderado por *Xisco Feijóo (Composicións, arranxos, letras, gaita, percusións, voz e danza tradicionais galegas), aportando un repertorio de temas de orixe tradicional recuperado a través dun intenso traballo de campo de xa máis de trinta anos ao longo de toda a xeografía galega e con letras tiradas das antigas cantigas, ordenadas e aderezadas con novas creacións de autoría propia e cun marcado carácter galego.

Facendo boa compaña coa mestría musical de *Artur Puga* (arranxos, percusións e voz e danza tradicionais), *María Jorge* (violino), e *Xosé Liz* (arranxos Bouzuki, requinta)  que, con acordes, melodías e pancadas aderezan antigos tons acaídos na nosa modernidade, poñendo énfase na contemporaneidade do folk e co agarimoso coidado de non amolar seu carácter intrinsecamente bailable. 

Unha masa de bica musical levedada polo formento artístico encarnado nos arranxos do mestre e grande músico *Carlos Quintá*.

Transportarémosvos ás foliadas, seráns e polavilas que, dende tempos inmemoriais ata hoxe, enchen as almas dos asistentes termando rebulir os pés dos máis inquedos e adonairando os sons nos ouvidos daqueloutros máis moderados.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Os contos do Lobicán
23 de maio, 12:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
Helen Keller, a muller marabilla?
23 de maio, 20:30
Pazo da Cultura - Narón - A Coruña
Fagamos o humor
23 de maio, 21:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra
Os contos do Lobicán
24 de maio, 18:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña