Evento: Neura

Neura
venres, 19 abril, 2024 - 20:00
Auditorio Municipal ,
Vigo
Espectáculo en clave de comedia a cargo de De Ste Xeito Producións

NEURA é unha comedia que aborda o tema da saúde mental, iso si, con minúsculas. Os nosos protagonistas conviven  con teimas propias e alleas. Tentan agochar algunhas, exhiben outras orgullosos, en ocasións búscanlles tratamento, pero sempre sofren por elas.

Neura non é unha comedia romántica: Edu e Sonia, xa viviron no pasado a súa historia de amor e desamor que terminou precisamente por mor deses pequenos trastornos. Non son amigos, non son amantes. Son esa categoría difusa á que chamamos ex. Xente da que sabemos ata o seu grupo sanguíneo, pero coa que actuamos como perfectos descoñecidos. 

Os azares da vida fan que volvan atoparse en distintas circunstancias. Obrigados unha vez máis a poñer a proba a compatibilidade das súas neuras. Con todo, a evolución de cada un por separado, durante estes anos, a traves de diferentes terapias e pseudo-terapias fai que se encontren fronte fronte cunha versión actualizada da persoa á que coñeceron.

Situacións novas e sorprendentes que nos farán viaxar dun xeito hilarante a través do mundo dos trastornos e a saúde mental. Un camiño afastado de preconceptos caducos, que confronta con sinxeleza as múltiples alteracións da personalidade. Manías das  que ninguén se libra, por moito que as ocultemos ou sexan tabú.

Neura é unha comedia neurótico-festiva na que todos e todas nos veremos reflectid@s.

A mellor terapia: rirnos de nós mesm@s!

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Gallaecia Small Band
21 de xuño, 19:30
Teatro da Beneficencia - Ortigueira - A Coruña
As minas do rei Salomón
22 de xuño, 19:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra
Latas
22 de xuño, 20:30
Teatro Jofre - Ferrol - A Coruña
Liberar as arterias
22 de xuño, 22:00
San Xiao - Narón - A Coruña