Evento: Un momento precioso

Un momento precioso
venres, 12 abril, 2024 - 20:30
Teatro Jofre,
Ferrol
Espectáculo de teatro xestual a cargo de Elefante Elegante

UN MOMENTO PRECIOSO evoca o imaxinario simbólico do xardín asociado á representación onírica do planeta terra como lugar de refuxio, descanso, pracer, armonía e equilíbrio.

Cando xurde nos soños, o xardín simboliza a prosperidade, a paz e a liberdade, pero UN MOMENTO PRECIOSO transita entre o soño e o pesadelo, o paraiso e o inferno, a luz e a sombra, a construcción e a catástrofe.

O xardín como espazo natural estratéxico no deseño de cidades sostibles e como espazo social ideal onde coexisten seres humanos de diferentes idades, xéneros e clases sociais. Pero como, cando e onde nos sentiremos verdadeiramente libres, en seguridade e en igualdade de dereitos?

A través da relación da música co movemento e a interacción cos elementos da escenografía, revélanse tódolos segredos dunha posta en escena que se fundamenta na dinámica plástica da narrativa teatral.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

361º
28 de abril, 18:00
Auditorio Municipal de Vigo - Vigo - Pontevedra
Concerto PunkInfantil
28 de abril, 19:00
Auditorio Municipal Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra
Smoke on the water
28 de abril, 19:30
Auditorio Manuel María - O Carballiño - Ourense
28 de abril, 20:00
Casa da Cultura Pintor Lloréns - Sada - A Coruña