Evento: Confi, o golfiño Manoliño

Confi, o golfiño Manoliño
sábado, 16 marzo, 2024 - 18:00
Centro Cultural e Xuvenil,
Muros

Confi, o golfiño Manoliño

Espectáculo teatral infantil a cargo da compañía A Xanela do Maxín

Coa misión de difundir a defensa do medio ambiente, CONFI é un espectáculo de teatro documento que narra os feitos reais da loita pola supervivencia de Manoliño.

Baséase na historia do golfiño que frecuenta as praias da ría de Muros e Noia. As persoas que vexan este espectáculo poderán implicarse emocionalmente e comprender a dura realidade á que se enfrontan Manoliño e as súas congéneres mariños para sobrevivir.

Ao centrarse na conservación e o medio ambiente, CONFI brinda a oportunidade de aumentar a concienciación e marcar a diferenza.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

A invasión pirata
31 de decembro, 17:00
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra