Evento: Aquí Tou!

Aquí Tou!
sábado, 6 abril, 2024 - 19:00
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Aquí Tou!

En ‘Aquí Tou!’, Touriñán fai un percorrido pola súa vida, dende a súa concepción nunha noite de San Xoán ata un posible epitafio.

En ‘Aquí Tou!’, Touriñán fai un percorrido pola súa vida, dende a súa concepción nunha noite de San Xoán ata un posible epitafio. Momentos chave do seu camiño vital cos que, como galegos, todos nos sentimos identificados. Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega, Touriñán lévanos da man pola súa vida cun monólogo no que conta e representa partes da súa vida e da serie de boas e malas decisións que, xunto cos feitos casuais, levárono a ser quen hoxe é.Así, Touriñán tratará de dar resposta durante o espectáculo á nai de todas as preguntas:“Estou neste preciso lugar e neste mesmo momento polas decisións que tomei ou foi a sorte, a casualidade e o destino os que me trouxeron ata aquí?”Para atopar a resposta fará un repaso da vida dos seus antepasados e da súa propia, animando ao público ao facer o mesmo e así, entre todos, tentar despexar a incógnita:“Si, aquí tou, pero… por que?”

Máis eventos de tipo Espectáculo

Contamaxias: maxia divertida
31 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Club de lecturas dramatizadas
31 de marzo a 9 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola