Evento: Peza do mes: Proxecto museográfico do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. O Territorio

  • Portada da publicación da Peza do Mes de decembro do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Proxecto museográfico do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. O Territorio
venres, 1 decembro, 2023 a domingo, 31 decembro, 2023
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,
Ourense

Peza do mes: Proxecto museográfico do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. O Territorio

Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

A presentación terá lugar o 13 de decembro na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.

De xeito especial, o Museo, en vez de escoller algunha peza de entre os seus fondos para singularizala, neste mes de decembro, ao través dunha magnífica síntese, faise unha explicación e percorrido polo seu novo proxecto museográfico, centrándose nunha das súas Áreas Temáticas.

Tras varios anos, arranca a tan necesaria renovación do museo, mellorando as condicións de exposición, conservación e divulgación dos bens que custodia.

En estreita relación co proxecto arquitectónico, desenvólvese a explicación do discurso expositivo, tendo en conta que a misión do Museo Arqueolóxico Provincial é dar a coñecer o proceso histórico do seu territorio de referencia, a provincia de Ourense, a través dos bens culturais que integran as súas coleccións. Para iso, a exposición permanente eríxese como principal medio de comunicación dos seus contidos e punto de encontro entre o visitante e a propia institución. Trátase de interpretar a historia de  Ourense a través dun itinerario cronolóxico e temático, integrando os restos  arqueolóxicos do solar e do propio edificio como un marco de extraordinario valor arquitectónico.

Dentro do discurso, a terceira área temática, obxecto desta Peza do Mes, propón un percorrido pola historia do territorio provincial, dende as primeiras evidencias da ocupación humana no Paleolítico ata a Idade Media.

 

Ademais da súa presentación pública, a publicación virtual está dispoñible neste enlace do Museo Arqueolóxico de Ourense, onde se pode afondar nas Áreas Temáticas que van estruturar o discurso, en particular a terceira, e as súas unidades temáticas máis pormenorizadas. Neste caso, a explicación é a cargo de parte do equipo técnico do Museo redactor do Plan Museolóxico: Belén Lorenzo Rumbao, María del Pilar Núñez Sánchez e Ana María Veiga Romero.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

CURSO "OS TEMAS DA ARTE"
8 de outubro a 17 de decembro
Museo de Belas Artes
Peza do mes: Urna de Cameixa
1 de decembro a 31 de decembro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Urna de Cameixa
11 de decembro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
El insomnio de las musas
13 de decembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola