Evento: Crisálida
Crisálida
“Crisálida” é o espectáculo número 25 de Caramuxo teatro, co que cumprimos 20 anos de traxectoria. Unha historia que leva varios anos na nosa cabeza e coa que queremos facer a nosa pequena homenaxe a esas persoas que fan que as cidades teñan vida e sexan ricas en historias.
“Crisálida é un espectáculo que quere poñer en valor a importancia do comercio tradicional nun mundo globalizado e cada vez máis dixitalizado. A importancia da existencia de eses espazos que crean comunidade.
“Crisálida” é o espectáculo máis ambicioso da compañía. Unha montaxe de máscaras, sen texto, con catro actores (Laura Sarasola, Josito Porto, Juan Rodríguez e Anahí Taraburelli) e máis de 12 personaxes. Dirixido pola prestixiosa directora Olga Margallo (Gañadora de multitude de premios Fetén, premios Max, Premio Nacional con Uroc teatro...)
Historias como as da mercería Crisálida amósannos que este tipo de negocios, máis baseados nas relacións humanas que no beneficio económico, deben ser protexidos. Son parte do noso patrimonio e por iso, no 20 aniversario queremos celebralo con eles.