Evento: Ninja

Ninja
venres, 26 xaneiro, 2024 - 18:30
Casa da Cultura Pintor Lloréns,
Sada
Espectáculo de teatro a cargo de Ghazafelhos

Tori é unha nena do rural que vai á escola. Encántanlle a cultura oriental, o karate, o Kung fu, o jiu jitsu, as pelis de Bruce Lee, Jackie Chan... e soña con ser Ninja!! Adestra tódolos días para pasar inadvertida e observar aos demais como unha autentica Ninja... Grazas a esa condición, descobre que no cole hai nenos e nenas que tamén queren pasar inadvertidos, pero non para ser Ninjas, se non, para que outros nenos e nenas non abusen deles. Con axuda do señor Edelmiro, un velliño ao que Tori acode a buscar consello, conseguirán que os nenos inadvertidos se fagan visíbeis e cambian as tornas na escola.

Ninja é unha obra lúdica e pedagóxica que aborda o acoso escolar. A través dunha historia divertida e chea de reflexións sobre o respecto, o apoio mutuo e a diversidade farase fincapé no máis importante para resolver un problema: visualizalo.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Os contos do Lobicán
23 de maio, 12:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
Helen Keller, a muller marabilla?
23 de maio, 20:30
Pazo da Cultura - Narón - A Coruña
Fagamos o humor
23 de maio, 21:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra
Os contos do Lobicán
24 de maio, 18:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña