Evento: Peza do mes: Pela de barro. Castro de Laias

  • Portada da publicación da Peza do Mes de novembro do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Pela de barro. Castro de Laias
mércores, 8 novembro, 2023 a xoves, 30 novembro, 2023
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,
Ourense

Peza do mes: Pela de barro. Castro de Laias

Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes ao fondo do Museo

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, dos arqueolóxicos) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor. A presentación terá lugar na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.

A peza que se presenta este mes corresponde a un fragmento irregular de barro cocido procedente das escavacións realizadas nos anos noventa no Castro do Castelo de Laias. Ten o número de inventario DX1029/1 nos fondos do Museo, unhas dimensións de 9,1 x 8,9 x 5,6 cm e está datada no  século I a. C. Presenta a peculiaridade de amosar as marcas en profundidade de tres dedos, ademais de gran cantidade de pegadas dactilares. Este tipo de pezas acostuman estar asociadas a refugallos dos fornos de cocción cerámica, aínda que  esta peza en concreto, podería ter cumprido algunha outra función. O que é innegable é a importancia da análise destes dermatoglifos para o estudo do pasado.

Ademais da súa presentación pública, a publicación virtual sobre esta peza está dispoñible neste enlace do Museo Arqueolóxico de Ourense, onde se pode afondar sobre as súas características, usos e filiacións, o interese do estudio dos dermatoglifos e a explicación mais pormenorizada do contexto arqueolóxico no que se levou a cabo o achado, o Castro do Castelo de Laias, nun estudio a cargo, neste caso, do director do Museo, Xulio Rodríguez González.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte: Tirando do fío
2 de abril a 28 de maio
Museo de Belas Artes
Peza do mes: Cáliz tardogótico
1 de maio a 31 de maio
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación do libro “Reflexiones de un felino en el aire”
20 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Presentación libro
31 de maio
Biblioteca Pública de Ourense