Evento: Berro

Berro
domingo, 28 abril, 2024 - 20:30
Auditorio de Galicia,
Santiago de Compostela
Espectáculo de danza a cargo de Nova Galega de Danza

BERRO

É a liberdade de contar sen medo nin ataduras,deixando fluír a inocencia da natureza, a forza ineludible da expresión. A voz interior chama por manifestarse, voar, fóra de nós. É un fío condutor entre o noso interior e o exterior. Baleirarse polo Berro, seguindo pasos ancestrais que veñen sós porque os levamos dentro, dende a orixe. Non escoitar esta voz, non expresala é encerrar corpo e alma. Unha parálise existencial.

O Berro é parte do proceso de crecemento das nosas vidas. A flutuación necesaria, o aire que precisamos. Os pobos teñen un berro común que se expresa a través dunha vibración colectiva sempre viva, sempre presente. A tradición que canaliza, recolle, escoita e expresa as enerxías que teñen que saír para salvar, curar e liberarse. Para poder velas, comprendelas e arropalas fora de nós.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Gaia Baba, a meiga
12 de maio, 12:30
Teatro Jofre - Ferrol - A Coruña
Palabras
12 de maio, 18:00
Edificio Multiusos - Monforte de Lemos - Lugo
Abracadaver
12 de maio, 19:00
Auditorio Municipal Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra
Cinema Marabillas
16 de maio, 19:00
Auditorio Municipal Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra