Evento: Proxección de "Valentina" de Chelo Loureiro
Proxección de "Valentina" de Chelo Loureiro
venres, 6 outubro, 2023 - 19:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña Proxección de "Valentina" de Chelo Loureiro
6 de outubro: día do cine español
O venres 6 de outubro a biblioteca súmase á celebración do Día do Cine Español coa proxección da película Valentina, da produtora cinematográfica galega especializada en animación Chelo Loureiro.
O obxectivo desta conmemoración é recoñecer o papel dos profesionais do sector do cine, a súa influencia e importancia na vida cultural e social do noso país e o papel que o cine desempeñou ao longo da súa historia.
Ademais, durante todo o mes a biblioteca manterá a exposición "Películas imperdibles de diversidade e inclusión" para conmemorar este día.
Salón de actos.
Entrada libre ata completar a capacidade da sala
#ODíaDoCineEspañol
Máis eventos de tipo Proxección audiovisual