Evento: Charla "Presente e futuro da Atención Primaria”

Charla "Presente e futuro da Atención Primaria”
mércores, 18 outubro, 2023 - 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Charla "Presente e futuro da Atención Primaria”

A biblioteca cede o espazo para a charla Presente e futuro da Atención Primaria.

Nesta xornada organizada pola Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS, dous profesionais da Atención Primaria, os doutores Flora Miranda Pena e Joám Casas Rodrígues, van dar a súa visión da situación actual deste servizo. Son moitas as cuestións a abordar e ofrecerán a súa perspectiva sobre aspectos como a función e a finalidade da Atención Primaria; o exceso de pacientes asignados a cada profesional, que supera o fixado no plan de mellora; a redución do tempo dispoñible para cada persoa, etc.

A doutora Flora Miranda Pena é licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. É colaboradora docente desta disciplina na Facultade de Medicina, e titora de práctica clínica do alumnado de 5º curso e do MIR. Forma parte do Comité de Ética Asistencial da área sanitaria de Santiago -A Barbanza e dos grupos de Bioética e de Comunicación da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria. Actualmente exerce como Médica de Atención Primaria no Centro de Saúde do Concello da Estrada.

O doutor Joám Casas Rodrígues é licenciado na Facultade de Medicina de Santiago de Compostela e especialista en Medicina de Familia e Comunitaria. Ten formación posgraduada en Bioética pola Universidade Complutense de Madrid. Foi membro do Comité Ético de Investigación Clínica de Galiza e foi Presidente do Comité de Ética Asistencial da área sanitaria de Santiago - A Barbanza. Actualmente exerce como Médico de familia no Centro de Saúde do Concello da Baña

No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte: Tirando do fío
2 de abril a 28 de maio
Museo de Belas Artes
Curso de verano USC_Relatos_da_morte
Relatos da morte no pasado: ósos, pedras, barro e tinta
26 de xuño a 27 de xuño
Museo A Domus do Mitreo
Peza do mes: Cáliz tardogótico
1 de maio a 31 de maio
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación libro
31 de maio
Biblioteca Pública de Ourense