Evento: Museo en Familia 2023

Museo en Familia 2023
sábado, 23 setembro, 2023 a sábado, 2 decembro, 2023
Praza de Praterías,
Santiago de Compostela

Museo en Familia 2023

Durante os meses de setembro a decembro o MDPS pon en marcha a sexta edición do programa ‘Museo en Familia’. Unha programación diversa e integradora que busca converter o Museo nun espazo de encontro cultural d...

Durante os meses de setembro a decembro o MDPS pon en marcha a sexta edición do programa ‘Museo en Familia’. Unha programación diversa e integradora que busca converter o Museo nun espazo de encontro cultural destinado a todos os públicos, con especial atención aos nenos e nenas e á súa contorna familiar.
Estas actividades están impulsadas pola Consellería de Cultura, Educación, F.P. e Universidades en colaboración coa Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, no marco do Plan Corresponsables, financiado polo Ministerio de Igualdad (Gobierno de España).
Nesta nova edición de Museo en Familia contamos coa colaboración da Fundación Andrea, coa que se levarán a cabo diverso obradoiros no CHUS (Complexo Hospitalario de Santiago), polo que estas actividades serán pechadas para os nenos e nenas alí ingresados. Do mesmo xeito, contamos coa participación da FAXPG (Federación de Asociacións de Personas Xordas de Galicia ) pola que se contará cun intérprete de lingua de signos nos obradoiros sinalados.
Abrimos, un ano máis, unha vía máis lúdica entre o Museo e a cidadanía a través de obradoiros, concertos, lecturas e teatro, que nos permitirán achegar e facer máis accesible o patrimonio cultural do MDPS, tan próximo e ás veces tan descoñecido.
+INFO
 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Contamaxias: maxia divertida
31 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Club de lecturas dramatizadas
31 de marzo a 9 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola