Evento: A nena e os tres osos

A nena e os tres osos
domingo, 31 decembro, 2023 - 12:00
Sala Ártika,
Vigo

A nena e os tres osos

Espectáculo teatral con monicreques para nenos.

“A nena e os tres osos”é unha divertida e coidada proposta teatral para nenas e nenos, con monicreques e cancións. Unha peza visual, baseada nun dos contos clásicos da literatura infantil.

Nesta historia, unha maleta pode ser unha casa, un caldeiro pode ser un asento e unha manchea de calcetíns pode ser… unha familia de osos!

Os tres osos: oso grande, oso mediano e oso pequeno vivían no bosque e todos os días facían o mesmo: almorzaban e, ao rematar, daban un paseo cantando e xogando. Pero aquela mañá as papas estaban moi quentes e decidiron pasear primeiro e almorzar despois... Deste xeito comeza a aventura da nena e os tres osos!

Máis eventos de tipo Espectáculo

Contamaxias: maxia divertida
31 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Club de lecturas dramatizadas
31 de marzo a 9 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola