Evento: O circo do silencio

O circo do silencio
venres, 28 xullo, 2023 - 11:00
Praza Ester Pita en Santa Cruz,
Oleiros

O circo do silencio

FalaRedes incorpora unha nova actividade: unha sala de fuxida ou scape room.

O circo do silencio vaise desenvolver en 10 concellos da Rede de Dinamización Lingüística en sesións sucesivas de 30 minutos ao longo dunha xornada, nunha pequena carpa circense instalada na rúa. Está pensada para catro xogadores en cada quenda, que terán que resolver en equipo unha serie de enigmas para completaren a misión final.

A actividade parte da historia dun circo máxico que perdeu todas as palabras que lles permitían falar cos animais e crear espectáculos incribles. Os participantes interpretan un grupo de detectives contratados para investigaren o roubo. Terán que atopar pistas, resolver enigmas, descifrar códigos e xogar coa lingua para recuperar as palabras e devolverllas ao circo.

Máis eventos do ciclo FalaRedes

Enredada
17 de xullo, 21:00
Xardíns de Pazo Torrado - Cambados - Pontevedra
Os Bolechas e o gran reto
18 de xullo, 20:00
Praza Juan Salgueiro - Silleda - Pontevedra
Os Bolechas e o gran reto
19 de xullo, 20:30
Peirao de Arcade - Soutomaior - Pontevedra
Enredada
19 de xullo, 21:30
Praza do Concello - O Porriño - Pontevedra