Evento: Enredada

Enredada
sábado, 19 xullo, 2025 - 21:30
Praza do Concello,
O Porriño

Enredada

Un monólogo de Leti da Taberna

A influencer Leti da Taberna trae ao FalaRedes o seu primeiro monólogo, en que explora en ton irónico a nosa relación coas redes sociais e como nos inflúen no noso día a día. En galego e con perspectiva feminista, Enredada enche o escenario de luz e enerxía, provocando que os espectadores se vexan identificados coas situacións que se presentan e acaben rindo de si mesmos. Esta divertida proposta escénica chegará este verán a 10 concellos da Rede de Dinamización Lingüística: Outes, Arteixo, Marín, O Porriño, Tomiño, Cambados, Betanzos, O Pereiro de Aguiar, Viana do Bolo, Muros e Marín.

Máis eventos do ciclo FalaRedes

As mil e unha
31 de maio, 18:00
Edificio Multiúsos - Monforte de Lemos - Lugo
As mil e unha
6 de xuño, 17:00
Pazo da Peregrina - Ames - A Coruña
As mil e unha
7 de xuño, 12:00
Auditorio - Nigrán - Pontevedra