Evento: Santi Campillo Power Trío

Santi Campillo Power Trío
xoves, 20 xullo, 2023 - 22:00
Sala La Room,
Ferrol

Santi Campillo Power Trío

Concerto de blues e rock.

Presentación en Formato power trío do novo disco do recoñecido artista murciano Santiago Campillo... acompañado por Oneida James (ex-baixista de Joe Cocker) e Minidrums na batería.

Un dos mellores guitarristas actuais de blues e rock, cun extenso currículum, fundador da banda M-Clan.

O novo álbum en formato CD digipack, leva por título Cadillac Blues. Sen dúbida atopámonos co traballo máis maduro e completo do artista, e cunha das mellores entregas discográficas de blues en español nas últimas décadas.

Se falamos de técnica, atopámonos ante un músico treméndamente versátil, cun estilo que nace do blues e do rock e un filtro baseado na improvisación máis salvaxe e indómita sendo capaz de expresar coa súa guitarra, case falando a través de fraseos e riffs, ata os sentimentos máis profundos. Nos seus inicios viuse influenciado por bandas como Led Zepellin, Deep Purple, Lynyrd Skynyrd, The Allman Brothers Band e de guitarristas de Blues como Freddie King, Johnny Winter, Clarence Gatemouth Brown, Albert Collins e un longo etc. Sintetizando á perfección todas estas influencias, que o levarían a desenvolverse de forma vertixinosa, nunha incrible mestura de estilos, que máis adiante forxarían a súa formación como artista único e con gran personalidade á hora de tocar a súa guitarra.

  • SANTIAGO CAMPILLO & FRIENDS

Máis eventos de tipo Concerto

O Son do Camiño 2025
12 de xuño a 14 de xuño
Monte do Gozo
II Festival 'Aquí tamén se fala'
13 de xuño
Praza da Tolerancia
Concerto do dúo Mallou
14 de xuño
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense