Evento: Lume. Imaxes dunha terra que arde

Lume. Imaxes dunha terra que arde
luns, 3 xullo, 2023 a domingo, 16 xullo, 2023
Rúa do Campiño da Ferradura ,
Santiago de Compostela

Lume. Imaxes dunha terra que arde

Trátase dunha exposición de rúa conformada por fotografías que pretenden abrir unha reflexión sobre as causas e as consecuencias dos incendios forestais nos montes galegos. Organizada en colaboración co Colecti...

Afundación, a Obra Social de ABANCA, en colaboración co Colectivo OLLO, presenta o seu proxecto expositivo, «Lume. Imaxes dunha terra que arde». Trátase dunha mostra fotográfica de rúa conformada por un total de 13 paneis con fotografías, realizadas durante os últimos 15 anos en Galicia por profesionais da imaxe, co obxectivo de abordar unha das problemáticas máis preocupantes dos ecosistemas galegos: os incendios forestais. A través das imaxes e da peza audiovisual que conforman «Lume. Imaxes dunha terra que arde» trázase unha narrativa sobre os incendios forestais que apela ao espectador, xerando nel preguntas e respostas, dun xeito sensible pero reflexivo, acerca das causas e das consecuencias desta lacra que cada verán asola Galicia. 
 

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia