Evento: III CATA SONORA

  • III cata sonora no Museo do Viño de Galicia
  • III cata sonora no Museo do Viño de Galicia_ 6 de xullo
  • III cata sonora no Museo do Viño de Galicia_27 de xullo
  • III cata sonora no Museo do Viño de Galicia_10 de agosto
  • III cata sonora no Museo do Viño de Galicia_24 de agosto
  • III cata sonora no Museo do Viño de Galicia_14 de setembro
III CATA SONORA
xoves, 24 agosto, 2023 - 21:00
Museo do Viño de Galicia,
Ribadavia

III CATA SONORA

Ciclo de concertos 2023 no Museo do Viño de Galicia

A III Cata Sonora chega ao Museo do Viño de Galicia.

Por terceiro ano consecutivo terá lugar no Museo do Viño de Galicia unha nova edición da “Cata Sonora”, un ciclo de concertos de moi diversos xéneros musicais como o blues, o pop ou o rock, e que contará con artistas tanto nacionais como internacionais que compartirán o seu talento nun recinto incomparable e de gran beleza como o é a terraza exterior do museo. Esta edición celebrarase durante os meses de verán, dende xullo ata setembro, e contará coas seguintes actuacións:

▃ Xoves 6 de xullo: Andhrea & The Black Cats.

▃ Xoves 27 de xullo: Paula Martins & Victor Aneiros.

▃ Xoves 10 de agosto: Immaculate Fools, co dúo conformado por Kevin Weatherill & Paco Charlin.

▃ Xoves 24 de agosto: Nastasia Zürcher.

▃ Xoves 14 de setembro: Alendalúa.

O inicio dos concertos será ás 21:00h., con entrada libre ata completar o aforo. Ao remate poderá degustarse unha copa de viño.

 

Descargas

Máis eventos de tipo Concerto

O rianxeiro
8 de xullo
Auditorio Municipal
Concerto
9 de xullo
San Miguel
Catas sonoras
10 de xullo
Museo do Viño de Galicia