Evento: Sangre de horchata

Sangre de horchata
mércores, 5 abril, 2023 - 20:00
Libraría Numax,
Santiago de Compostela

Sangre de horchata

Presentación do libro de Luisa Castro.

Con ritmo de comedia e alento de drama, a escritora Luisa Castro tece unha novela sobre a ruptura dunha familia e sobre iso que nunca saberemos dos demais, o que sucede a porta pechada. Sangue de horchata conta a historia de Belén, unha moza de dezaseis anos que vive nunha casa de tolos. O seu pai, xa moi maior e en cadeira de rodas, insiste en empezar a organizar a enorme herdanza que lle corresponde. O seu irmán parece saber cousas que a ela lle oculta. Da súa nai nin falamos: algunha chamada telefónica con mala cobertura e nin unha visita desde que, cando os irmáns eran pequenos, sufriu un episodio que acabou en internamento. E Belén quere que todo sexa normal e seguir o consello que oe desde nena: "Sangue de horchata, cariño. Pase lo que pase, hay que tener sangre fría". 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte: Tirando do fío
2 de abril a 28 de maio
Museo de Belas Artes
Encontro Epilepsia: investigación e innovación compartida
19 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Peza do mes: Cáliz tardogótico
1 de maio a 31 de maio
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Tradición oral recuperada das tebras. Son contos... ou Historia?
15 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés