Evento: Presentación do libro “Vite de Compostela. A comunidade (auto-)construída"

Presentación do libro “Vite de Compostela. A comunidade (auto-)construída"
mércores, 19 abril, 2023 - 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Presentación do libro “Vite de Compostela. A comunidade (auto-)construída"

A cargo de Joel R. Gômez

A biblioteca cede o espazo para a presentación do libro “Vite de Compostela. A comunidade (auto-)construída" elaborado polo xornalista Joel R. Gômez e publicado polo Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPITt-CSIC) e a editora Companha, dentro da colección de divulgación “Anaina” do INCIPIT-CSIC.

O volume ten a Paula Ballesteros-Arias e Cristina Sánchez-Carretero como editoras científicas, dúas investigadoras cunha longa traxectoria no traballo co patrimonio e a cultura e que acompañarán o autor no acto.

O libro relata as transformacións do barrio de Vite desde a ocupación das primeiras vivendas en 1978 ata hoxe, grazas a implicación da veciñanza, con mobilizacións para reclamaren mellores servizos e calidade de vida, e o apoio das institucións, logrando unha zona residencial que actualmente se considera modélica.

A publicación, de 296 páxinas e 26 imaxes, conta co apoio da Coordenadora do Barrio de Vite e do Concello de Santiago. E tanto o manuscrito orixinal como o material gráfico están depositados no proxecto ViteArquiva.

No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de verano USC_Relatos_da_morte
Relatos da morte no pasado: ósos, pedras, barro e tinta
26 de xuño a 27 de xuño
Museo A Domus do Mitreo
Peza do mes: Cáliz tardogótico
1 de maio a 31 de maio
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación libro
31 de maio
Biblioteca Pública de Ourense
LecturArte
12 de marzo a 17 de xuño
Museo de Belas Artes