Evento: Celebración Picasso 1973-2023

Celebración Picasso 1973-2023
luns, 3 abril, 2023 a mércores, 31 maio, 2023
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Celebración Picasso 1973-2023

Mostra bibliográfica

O 8 de abril de 2023 cúmprese o cincuenta aniversario do falecemento do artista español Pablo Picasso e “Celebración Picasso 1973-2023” conmemora os 50 anos desde a súa morte que marcou un antes e un despois no mundo da arte.

Pablo Picasso naceu en Málaga en 1881 e a súa obra revolucionou o panorama artístico do século XX. O seu estilo evolucionou ao longo da súa carreira, pasando por diversas etapas que marcaron tendencia nas correntes artísticas da época, como o cubismo e o surrealismo.

A través da mostra bibliográfica, poderemos coñecer a obra de Picasso desde diferentes puntos de vista. A Biblioteca Ánxel Casal seleccionou obras relacionadas coa figura de Picasso, incluíndo estudos, biografías, novelas, ensaios, películas e catálogos de exposicións. Esta mostra é unha oportunidade para celebrar a vida e obra dun artista que, sen dúbida, deixou unha pegada indeleble na cultura e a arte do noso tempo.

Os gobernos de Francia e España acordaron traballar conxuntamente nun programa de alcance internacional, a través dunha comisión binacional que reúne as administracións culturais e diplomáticas dos dous países. A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Cultura, incluíu “Celebración Picasso 1973-2023” no Calendario do Libro e da Lectura de 2023.

Pode visitarse no 3º andar do 3 de abril ao 31 de maio durante o horario de apertura da biblioteca.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte: Tirando do fío
2 de abril a 28 de maio
Museo de Belas Artes
Encontro Epilepsia: investigación e innovación compartida
19 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Peza do mes: Cáliz tardogótico
1 de maio a 31 de maio
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Tradición oral recuperada das tebras. Son contos... ou Historia?
15 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés