Evento: A illa das aves
A illa das aves
As historias que conforman o programa de curtametraxes de A illa das aves son un convite a conversar coa natureza desde a mirada curiosa de tres nenas que senten o impulso de desafiar os seus medos para achegarse ao descoñecido e aprender. Á súa vez, as tres nenas viven experiencias de inmersión en entornos naturais: unha illa chea de paxaros, un xardín comunitario e un bosque.
En A illa das aves coñecemos a Eli, unha nena de dez anos cunha imaxinación desbordante a quen lle encantar os paxaros. En Susi no xardín, a protagonista descobre un xardín misterioso no que vive alguén que lle desperta medo e curiosidade á vez. En Ás agachadas, mentres un grupo de crianzas xogan, unha nena adéntrase no bosque e vai parar a un lugar moi afastado.
Máis eventos de tipo Proxección audiovisual