Evento: A MOEDA EN GALICIA DESDE A CAETRA ATA O EURO

  • A moeda en Galicia
A MOEDA EN GALICIA DESDE A CAETRA ATA O EURO
venres, 14 abril, 2023 a sábado, 15 abril, 2023
Museo Provincial de Lugo,
Lugo

A MOEDA EN GALICIA DESDE A CAETRA ATA O EURO

VI XORNADAS DE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA DO PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO LUCENSE

A Numismática é a ciencia que estuda as moedas, desde a súa descrición ata o seu contexto arqueolóxico, histórico e interpretación.

O termo “moeda” procede do latín moneta, sobrenome da deusa romana Iuno Moneta, xunto a cuxo templo os antigos romanos situaron o seu primeiro obradoiro de cuñaxe. As moedas son a forma de diñeiro máis importante da historia, dende a súa aparición a finais do s. VII a.C. na costa grega de Asia Menor e na China.

Con estas xornadas monográficas preténdese difundir a importancia da historia monetaria no conxunto dos estudos e investigacións do noso pasado, contribuíndo a sinalar a súa im­portancia e poñendo en valor o significado e simbolismos duns obxectos que, perdido o seu valor fiduciario, seguen a ser fontes de información transcendentais.

Interpretar as moedas no contexto das culturas e períodos históricos do Noroeste peninsu­lar desde a Antigüidade ata os nosos días, contribuirá a visualizar que son pezas especial­mente relevantes para o estudo da economía, sociedade, relixión, política, iconografía ou da arte. Polo tanto, o programa amosado non só está dirixido á comunidade científica senón tamén a todos os interesados no tema, estudantes, afeccionados, traballadores de museos, coleccionistas, docentes, guías turísticos,… etc.

O marco temporal intenta abarcar unha visión histórica global para apreciar as circunstan­cias da introdución da moeda na antiga Gallaecia e o seu desenvolvemento posterior.

14 E 15 DE ABRIL DE 2023

LUGAR: Salón de Actos da Deputación de Lugo

PRAZAS: 120 presenciais, variable en función do aforo

INSCRICIÓN: obrigatoria a inscrición previa gratuíta por rigorosa orde de entrada

MODALIDADES: presencial e en liña

Formulario de inscrición no Museo Provincial de Lugo e na web www.redemuseisticalugo.org.

Enviarase diploma acreditativo de asistencia á xornada (16 horas lectivas). Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.

ORGANIZACIÓN: Museo Provincial de Lugo

DIRECCIÓN E COORDINACIÓN: Aurelia Balseiro García direccion@museolugo.org, e Pablo Núñez Meneses.

COMITÉ ORGANIZADOR: Encarna Lago, Aurelia Balseiro, Antonio Roma, Enrique Alcorta e Mª Ofelia Carnero.

SECRETARÍA TÉCNICA: Enrique Alcorta e Mª Ofelia Carnero (Dpto. de Arqueoloxía/Historia do MPL).

COLABORACIÓNS: Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo, USC, Universidad de Sevilla, MAN, MNAC, Museo Pontevedra.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte: Tirando do fío
2 de abril a 28 de maio
Museo de Belas Artes
Encontro Epilepsia: investigación e innovación compartida
19 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Peza do mes: Cáliz tardogótico
1 de maio a 31 de maio
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Tradición oral recuperada das tebras. Son contos... ou Historia?
15 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés