Evento: Mostra de Teatro Universitario de Ourense - MITEU

  • Cartel do espectáculo
Mostra de Teatro Universitario de Ourense - MITEU
xoves, 16 abril, 2015 a xoves, 30 abril, 2015
Varias ubicacións,
Ourense

Mostra de Teatro Universitario de Ourense - MITEU

Un total de 27 espectáculos teatrais de nove países e catro continentes

A programación inclúe un total de 35 actividades entre as que hai 27 espectáculos teatrais de compañías de nove países e catro continentes.

A 20ª MITEU inaugúrase o xoves, día 16 de abril, coa estrea dun espectáculo de rúa titulado: Donos do tempo, pola Aula de Teatro Universitaria Rosaura. Será ás 19.00 horas nas rúas Paseo e Bedoya. A representación ten unha duración aproximada de 60 minutos.

O argumento da obra é o seguinte: Camiñan póla rúa os banqueiros do tempo, na busca das horas, escudriñando cada segundo e devorando os minutos. Pero nós queremos ser donos do noso tempo. Tempo de ir e vir, tempo para permanecer, para perder, para ser.

Máis eventos de tipo Espectáculo

C@nto contigo
28 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A xira do cuarto de século
29 de xuño
Praza do Concello
A xira do cuarto de século
11 de xullo
Espazo Cultural da rúa Camilo José Cela
Os Bolechas e o gran reto
16 de xullo
Patio do CEIP de Pedrouzos