Evento: Zapatos

Zapatos
domingo, 5 marzo, 2023 - 18:00
Café Teatro,
Narón

Zapatos

Espectáculo de teatro para bebes.

Que pasa con todos eses Zapatos que xa ninguén usa?

Todos os días chegan a un recuncho dun escondido xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha chea de zapatos de todos os tamaños e cores.

Unha moza é a encargada de coidalos, de dárles a benvida ao lugar onde vivirán para sempre, un lugar onde compartir emocións coas belas bailarinas, con Pechecho e os seus irmáns, cos namorados, co Sol e a Nube e con centos de compañeiros que teñen moito que contarnos.

Zapatos narra todas as historias que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Contamaxias: maxia divertida
31 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Club de lecturas dramatizadas
31 de marzo a 9 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola