Evento: Radiocrimen

Radiocrimen
sábado, 22 abril, 2023 - 21:00
La Fábrica de Chocolate,
Vigo

Radiocrimen

Concerto de punk rock.

Radiocrimen é un grupo formado en orixe por Luís "Punk" (Punk Guerrilla), Txarly "Usher" (Os Carniceiros do Norte), Dani "El Mudo" (El Paso Killers), Iñaki "Gato" (Deskonzierto) e Javi "Puñais" (Rat-Zinger), recoñecidos músicos da escena punk bilbaina. O son do grupo é rápido e cortante, con melodías e retrousos que custa deixar de tararear; receita que todos coñecemos da vella escola vasca, herdeira directa do Shock Troops de Cock Sparrer e dos primeiros discos de Cockney Rejects ou Peter & Test Tube Babies, pero coa consistencia que lle dan producións mais contemporáneas como as que gozaron grupos californianos dos 90 como Rancid e Nofx.

A pesar da multitude de grupos existentes dentro do punk, Radiocrimen soubo crear un son propio que os diferenza do resto, así que se tedes a oportunidade de velos en directo non a deixedes escapar. Neste caso aquilo de que unha banda ensina todo o seu potencial sobre as táboas non é unha frase feita: é unha realidade incontestable.

  • RADIOCRIMEN "Mundo Basura" (Videoclip)

Máis eventos de tipo Concerto

The Toasters
4 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
Ariel Rot
5 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
Tamara
7 de xuño
Rúa do Preguntoiro, 23