Evento: Xira Íntima

Xira Íntima
sábado, 15 abril, 2023 - 23:45
Sala La Room,
Ferrol
Concerto de Nastasia Zürcher

A cantante e compositora galego-suíza vén de consagrarse como “Artista do Ano" nos premios da música de Galicia, os Premios Martín Códax da Música 2022, nos que tamén recibiu o galardón como mellor proxecto na categoría de "Blues, Funk e Soul". 

 

Neste elegante espectáculo musical, a artista presenta unha fusión e reinterpretación en ton íntimo do seu repertorio baseado nos 3 discos que asina. Neste formato acústico a dúo, voz e piano, acompañada polo seu músico, productor e arranxista Adrián Saavedra, agasallan cunha música variada en estilos, pasando do neo soul, ao pop-folk de autora até as sonoridades das músicas do mundo.

Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo

Leria
17 de maio, 23:00
Sala Guión - Pontedeume - A Coruña
French Riviera
24 de maio, 18:30
A Pousada da Galiza Imaxinaria - Boiro - A Coruña
Ukestra do medio
24 de maio, 20:30
Laroom - Ferrol - A Coruña
MJ Pérez
24 de maio, 21:30
La Pecera - Vigo - Pontevedra