Pasos para a presentación dun proxecto:
1. Rexistro no portal de participantes da Comisión Europea, mediante a apertura dunha conta ECAS, que é o servizo europeo de autenticación ante a Comisión. Este sistema permite acceder a unha ampla gama de sistemas de información da Comisión, empregando un único usuario e contrasinal.
2. Rexistro da entidade xurídica. Asignaráselle un identificador único para a entidade, o denominado PIC (Participant Identification Code).
3. Acceso ao formulario electrónico (e-form) da convocatoria á que se presenta.