Sábados de animación

Imaxe: 
Sábados de animación
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Contacontos en lingua de signos

Fantásticas historias contadas por Miguel e Blanca da FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia).

Debido ás condicións especiais xeradas polo COVID-19, esta actividade cumprirá coa normativa vixente no momento da súa realización. Tomaranse as medidas necesarias para o desenvolvemento dunha actividade segura e sen riscos, no marco da biblioteca.

Aforo limitado

Galego

Around the world

Unha nena recibe una invitación para a festa de aniversarios da reina de Inglaterra e viaxa por todo o mundo para atopar o agasallo perfecto. Unha vez que o consegue, vai á festa e atópase cunha enorme sorpresa. Qué será?

Debido ás condicións especiais xeradas polo COVID-19, esta actividade cumprirá coa normativa vixente no momento da súa realización. Tomaranse as medidas necesarias para o desenvolvemento dunha actividade segura e sen riscos, no marco da biblioteca.

Aforo limitado

Galego

Welcome to the jungle

Mousy e Linda son dous ratiños moi aventureiros e deciden adentrarse na xungla para coñecer que animais habitan alí. Mentres tanto divírtense cantando cancións e xogando cos animaliños. Que animais encontrarán durante a súa viaxe?

Debido ás condicións especiais xeradas polo COVID-19, esta actividade cumprirá coa normativa vixente no momento da súa realización. Tomaranse as medidas necesarias para o desenvolvemento dunha actividade segura e sen riscos, no marco da biblioteca.

Aforo limitado

Galego

As pitas baixo a chuvia

A loita dun neno por salvar as galiñas, e todo o que ten de valor na súa vida, de tormentas e desgrazas.

Unha historia chea de sensibilidade, empatía e fino humor.

Debido ás condicións especiais xeradas polo COVID-19, esta actividade cumprirá coa normativa vixente no momento da súa realización. Tomaranse as medidas necesarias para o desenvolvemento dunha actividade segura e sen riscos, no marco da biblioteca.

Aforo limitado

Nenas e nenos de 4 a 12 anos

Galego

Contacontos “Buscando a Rosalía”

"Que bela e caprichosa é a alegría", dicía Rosalía de Castro. Para proba, a que produce Raquel Queizás co seu orixinal contacontos.

O argumento deste espectáculo de narración oral é o seguinte: búscase nena moi imaxinativa, á que lle encante facer teatro e xogar coa poesía na nosa lingua. Será unha gran escritora de maior e escribirá con pluma e corazón.

Será... Rosalía de Castro!

 

Para nenos e nenas de 3 a 12 anos. A entrada é libre ata completar o aforo.

 

Data: 23 de febreiro

Horario: Ás 12:00 horas

Galego

Contos en lingua de signos

Contacontos en LINGUA DE SIGNOS

Miguel e Blanca, membros da FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia), volven á Biblioteca cos seus entretidos contos en lingua de signos.

Unha actividade pensada para todos os públicos, non oíntes ou si.

Data: 25 de maio, ás 12:00 horas

Lugar: Na Ludoteca da Sala infantil e xuvenil

Entrada libre ata completar o aforo.

Galego

Bebecontos “Ssshhhh... ! A durmir!”

O meu neno pequeno /
quérese durmir. /
Cántanlle os galos, o kikirikí.

 

Olga Cuervo tráenos contos, cancións, poemas e adiviñas para durmir.
Este "bebecontos" está baseado en todo aquilo que rodea o sono. Porque a hora de durmir é moi importante a idades tenras, tratará de axudar a pais e nais dándolles recursos para que lles sexa máis doado.
E, por suposto, farao de forma amena e divertida para captar a atención dos e das máis pequenos/-as.

 

Galego

Contacontos “A vida na selva”

Os ratos de Lonxedetodo son moi viaxeiros. Fuco vén de pasar unha temporada na selva, e alí puido observar con desagrado como impera a lei do máis forte. Basicamente, observou que na selva faise... o que lle peta ao seu rei, o león.

Este é o novo e divertido contacontos de Trinke Trinke, dirixido a nenos e nenas de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar o aforo.

 

Data: 2 de febreiro

Horario: Ás 12:00 horas

Lugar: Na Ludoteca da Sala infantil e xuvenil

Galego

"Mundos de papel"

Co gallo do Día da ilustración, nesta actividade tratarase de coñecer o funcionamento dese mundo.

Este será un obradoiro eminentemente práctico, no que a ilustradora Noemí López amosará unha serie de técnicas que os mozos e mozas poderán seguir para aprender a trasladar o imaxinario dunha historia ao papel.

Anímate a descubrir os segredos da creación de personaxes e escenarios de ficción.

 

Data: 26 de xaneiro, ás 12:00 horas.

Lugar: Na Ludoteca.

Galego

"Contos en lingua de signos"

A Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés dálle a benvida de novo ao "Contacontos en lingua de signos".

Miguel e Branca, da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAPXG), interpretarán contos en lingua de signos para entreter aos nenos e nenas que non oen e interpretaranos en voz alta para o resto.

Para nenos e nenas de 6 a 12 anos. Entrada libre.

Data: 19 de xaneiro, ás 12:00 horas

Lugar: Na Ludoteca da Sala Infantil

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Sábados de animación